Punto de interés: Día de las Universidades Saludables: 7 de octubre de 2015

logoCampus≡ Universidade saudable

A Universidade da Coruña aprobou o ano 2014 a súa adhesión á Rede Española de Universidades Saudables (REUS). Este compromiso implica que a UDC tivo que facer un proxecto de traballo que promove a saúde na cultura universitaria, nas súas políticas institucionais, estrutura, procesos e planos de estudos.

A Rede Española de Universidades Saudables está formada por un conxunto de institucións comprometidas coa promoción da saúde na contorna universitaria. É unha iniciativa a favor da saúde na que actualmente participan universidades de toda España, a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e algunhas Estruturas Autonómicas de Saúde Pública. Actualmente existe un Acordo Marco de Colaboración para o desenvolvemento da Rede Española de Universidades Saudables.

En 1986 a Carta de Ottawa para a Promoción da Saúde establecía como unha das cinco áreas de acción prioritarias para promocionar a saúde “a creación de contornas que apoien a saúde”. As contornas ou escenarios son aqueles lugares e contextos sociais onde as persoas desenvolven actividades e no cal interactúan factores ambientais, organizativos e persoais que afectan a saúde e o benestar dos que viven, traballan, aprenden,… nel.  Os centros universitarios, ademais de ser motor de investigación e formación dos profesionais do futuro, son contornas vivas onde interactúan factores ambientais, organizativos e persoais que afectan á saúde e ao benestar. Para considerarse saudable, unha universidade debe adquirir un compromiso global de cara á saúde e desenvolver o seu potencial como axente promotor da saúde, o benestar e a calidade de vida.

Neste mesmo sentido e coincidindo coa celebración do IV Congreso de Universidades Promotoras da Saúde no ano 2009 foi firmada por varias Universidades españolas e outras extranxeiras a Declaración de Pamplona, na que as universidades firmantes compartían e suscribían a filosofía das distintas conferencias internacionais celebradas sobre saúde e a súa promoción, comprometéndose no desenvolvemento das estratexias definidas.

carteluniversidadsaludable

A adhesión da UDC á Rede Española de Universidades Saudables enmárcase dentro do Plano Estratéxico da Universidade da Coruña 2013-2020, no que defínense a misión, a visión e os valores da UDC, os obxectivos, as liñas de actuación en cada área estratéxica e os indicadores clave para cada obxectivo. Deste xeito no apartado correspondente á Responsabilidade Social sinalánse os seguintes tres obxectivos estratéxicos: “unha universidade que impulsa o cambio social”, “a igualdade de oportunidades e fomento dunha cultura de non discriminación”, e “unha universidade responsable do seu impacto ambiental”. Fruto destes compromisos, a Memoria de Responsabilidade Social é a ferramenta de traballo para reafirmar o compromiso global da UDC coa transparencia, a rendición de contas e a sustentabilidade social e ambiental.

Pola súa banda o programa Campus UDC Universidade saudable actúa como promotor do traballo en rede entre as unidades, os servizos, os centros e os departamentos da UDC, sendo os seus principais obxectivos os seguintes:

a) Potenciar a universidade como contorno promotor da saúde da comunidade universitaria e da sociedade no seu conxunto.
b) Fomentar a investigación e a docencia sobre a promoción da saúde.
c) Favorecer o intercambio de experiencias no ámbito da promoción da saúde.
d) Promover e favorecer o traballo conxunto entre os organismos de saúde pública, as institucións comunitarias e as universidades.
e) Consensuar liñas estratéxicas e de traballo para levar a cabo un proxecto de universidade promotora da saúde.
f) Posibilitar a elaboración e o desenvolvemento de proxectos comúns nas liñas estratéxicas da REUS.
g) Potenciar a participación internacional.
h) Fomentar a oferta de servizos e actividades dirixidos a promoveren a saúde da comunidade universitaria.

Dentro das unidades e servizos existentes na UDC destacan pola súa actuación no desenvolvemento destes obxectivos:

Oficina de Medio Ambiente/OMA: realiza e coordina as diferentes actuacións de tipo ambiental na UDC. Os seus obxectivos e funcións teñen relación con dous campos prioritarios como son a xestión ambiental e a sensibilización e a participación da comunidade universitaria nas cuestións relacionadas co medio. Na actualidade esta oficina está a desenvolver o Programa Green Campus UDC. Todas as súas actividades son recollidas cada curso na Memoria de Actividades realizada polo seu persoal bolseiro.

Oficina de Cooperación e Voluntariado/OCV: A OCV centra as súas accións en tres piares fundamentais: voluntariado, formación e cooperación para o desenvolvemento. Desde a OCV coordínanse diversos programas de voluntariado dentro do espazo sociosanitario, e realízanse xornadas de sensibilización e acción humanitaria centradas no ámbito da saúde. No terreo da cooperación para o desenvolvemento particípase en proxectos de cooperación internacional, moitos deles relativos a temas de saúde. A OCV desenvolve as súas actividades dentro do Plan Estratéxico 2013-2016 e estas quedan recollidas asimesmo na Memoria de Actividades da Oficina.

Outros servizos cuxas actividades axudan á consecución dunha universidade saudable na UDC son: a Unidade de Atención á Diversidade/ADI, a Unidade de Formación e Asesoramento/UFA e a Oficina para a Igualdade de Xénero/OIX.

Actividades realizadas na UDC nos últimos anos.

Universidades españolas saudables:

Outras universidades españolas englobadas na Rede REUS tamén están a consolidar distintos proxectos ou actividades nesta liña de actuación. Destacan pola súa implantación dentro de cada universidade: Universidad de Almería, Universidad Pablo de Olavide, Universidad de Huelva, Universidad de Sevilla, Universidad de Zaragoza, Universidad Autónoma de Barcelona (blog), Universidad de Girona, Universidad de Cantabría, Universidad de Vigo, Universidad de Murcia (apartado sostible), Universidad de Navarra (facebook), Universidad Islas Baleares, Universidad Miguel Hernández, Universidad Alcalá de Henares, Universidad de Alicante, Universidad de Valencia, Universidad de Salamanca, Universidad Jaime I, Universidad de Deusto.

Algúns proxectos que se desenvolven nestas universidades son:

Semanas saudables na universidade / semanas verdes na universidade

Talleres solidarios

Seminarios para a igualdade

Cursos de turismo responsable

Experiencias de educación na aula

Xornadas de desenvolvemento sostible

Xornadas de hábitos saudables

Consellos de aforro enerxético

Entidades/organismos relacionados co desenvolvemento de universidades saúdables:

The International Union for Health Promotion and Education (IUHPE)

Universidades Promotoras de la Salud/Health Promoting Universities

Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

Observatorio de la Cooperación Universitaria al Desarrollo (CUD)

Índice Green Metric

Unión Internacional de Promoción de la Salud y de la Educación (UIPES)

Bibliografía:

Alba Hidalgo D, Benayas del Álamo J. Análisis de los procesos de gestión y educación para la sostenibilidad en las universidades públicas españolas. Tendencias de la Investigación en Educación Ambiental al desarrollo socioeducativo y comunitario. 2007; 197-215.

Alba Hidalgo D, Barbeitos Alcántara R, Barral Silva MT, Benayas del Álamo J, Blanco Heras D, Domènech Antúnez X, Ysern Comas P. Estrategias de sostenibilidad y responsabilidad social en las universidades españolas: una herramienta para su evaluación. Profesorado: revista de currículum y formación del profesorado. 2012; 16(2): 59-75.

Arias Vázquez D. Guía para a sustentabilidade ambiental na UDC. A Coruña: Oficina de Medio Ambiente, Vicerreitoría de Infraestructuras e Xestión Ambiental; 2011.

Ayala García MO. Responsabilidad social universitaria. Realidad y Reflexión. 2011; (33): 61-72.

Aznar Minguet P, Ull Solís A. La formación de competencias básicas para el desarrollo sostenible: el papel de la Universidad. Revista de Educación. 2009; 1: 219-237.

Cuesta González M, Cruz Ayuso C, Rodríguez Fernández JM, coords. Responsabilidad social universitaria. A Coruña: Netbiblo: Consello Social, Universidade da Coruña; 2010.

Elizondo Lopetegui A, Novo Arbona A, Silvestre Cabrera M. Igualdad de mujeres y hombres en las universidades españolas. Madrid: Instituto de la Mujer; 2010

Ferrer A, Jiménez JR, coords. Cooperación al desarrollo, Universidad y voluntariado. Granada: Universidad de Granada; 2005.

Global University Network for Innovation. Higher education in the world 4: higher education’s commitment to sustainability: from understanding to action. New York: Palgrave; 2012.

Ibarra-Cisneros JM, Monroy-Ata A. Cuestionario para calcular la Huella Ecológica de estudiantes universitarios mexicanos y su aplicación en el Campus Zaragoza de la Universidad Nacional. TIP. 2014; 17(2): 147-154.

Junyent M, Geli AM, Arbat A, eds. Ambientalización curricular de los estudios superiores. Girona: Universitat de Girona, Servei de Pubicacions; 2003.

López Álvarez N. Metodología para el Cálculo de la huella ecológica en universidades. Congreso Nacional del Medio ambiente, Cumbre del Desarrollo Sostenible. Madrid. 2008.

Marzán Delís M, Bonal Ruiz R. Fortaleciendo la Universidad por la salud. Medisan. 2012; 16(2): 155-159.

Michelsen G. Las Universidades y la Agenda 21: el ejemplo de la Universidad de Lüneburg. Polis. Revista Latinoamericana. 2003; 5.

La responsabilidad social de la universidad y el desarrollo sostenible: documento elaborado por la Comisión Técnica de la Estrategia Universidad 2015. Madrid: Ministerio de Educación, Subdirección General de Documentación y Publicaciones; 2011.

Rivas Marín MI. Modelo de sistema de gestión ambiental para formar universidades ambientalmente sostenibles en Colombia. Gestión y Ambiente. 2011; 14(1): 151-162.

Rodríguez Jiménez RM, coord. La educación en valores en el ámbito universitario: propuestas y experiencias. Madrid: Narcea; 2012.

Rodríguez Villamil H, Guerra YM. Implementación del proyecto de universidad saludable en la Universidad Militar Nueva Granada. Revista Educación y Desarrollo Social. 2011; 7(1): 143-152.

Ryan E, coord. Retos del voluntariado en la universidad de hoy. Granada: Editorial Universidad de Granada; 2011.

Solís MU, Minguet PA, Agut MM, Gracia BP, Guillamany AP. Competencias para la sostenibilidad y currícula universitarios. Enseñanza de las ciencias: revista de investigación y experiencias didácticas. 2009; (Extra): 2957-2960.

Vega Marcote P, Álvarez Suárez P. La Agenda 21 y la huella ecológica como instrumentos para lograr una universidad sostenible. Enseñanza de las ciencias: revista de investigación y experiencias didácticas. 2011; 29(2): 207-220.

Veloz Cañete D, Moreno Carmona T. Dossier: resultados claves de un servicio universitario de cooperación cultural: acción-proyección social universitaria: apuntes desde la práctica de las universidades públicas andaluzas. Sevilla: Secretaría General de Universidades de la Consejería de Economía, Innovación, Ciencia y Empleo de la Junta de Andalucia; 2003.

Vilches A, Gil Pérez D. La educación para la sostenibilidad en la Universidad: el reto de la formación del profesorado. Profesorado: revista de currículum y formación del profesorado. 2012; 16(2): 25-43.

 

 

Publicado el 24 de septiembre de 2015 en punto de interés, Uncategorized. Añade a favoritos el enlace permanente. 1 comentario.

  1. Sergio Santos del Riego

    Muchas gracias. Si podéis, no estaría mal que otras bibliotecas realizarán iniciativas similares. Por nuestra parte, y es un adelanto, habrá un curso de nutrición el 5 en Oza por la mañana organizado por la AEN (nutrición) y el ICS en clave campus UDC universidade saludable. Y hoy que estoy en la escuela de salud pública de Menorca la presidenta REUS ha confirmado visita y conferencia el día 7. Tb habrá jornadas de puertas abiertas, master clases en servicios de deportes y otras actividades que Inés esta concretando estos días Un cordial saludo Sergio

    Enviado desde mi iPhone

Queremos saber tu opinión

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s