slide_coferencias_

O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito, e o presidente do Consello Social, Antonio Abril Abadín, inauguran mañá, 4 de febreiro, no salón de actos da Facultade de Ciencias, ás 12:00 horas, o ciclo de conferencias “A universidade pública posible”.

Organizado dentro do marco da celebración do 25 aniversario da Universidade da Coruña, ten como obxectivo debater sobre a universidade actual e o seu futuro. Neste debate está convidada toda a comunidade universitaria, profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos, ademais de todo aquel que o considere de interese.

O ex ministro de Educación e Ciencia Federico Mayor Zaragoza abrirá mañá este ciclo de conferencias coa intervención “A educación superior, na vangarda da nova era que se avecina”. A presentación do relator corre a cargo do decano, Moisés Canle.

Tanto esta conferencia como o resto do ciclo retransmitiranse en directo por UDCTv, www.udctv.es.

Máis información: 25aniversario.udc.gal

Publicado el 3 de febrero de 2015 en universidad. Añade a favoritos el enlace permanente. Deja un comentario.

Queremos saber tu opinión

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s